BREVE RESUMO- XVI ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS
30-06-2026
Segundo tiñamos previsto, pola mañá, saímos de Castroverde no horario establecido, recollendo a socios/as de Arumes do Corgo, parada no Carqueixo para recoller outros socios/as de Amigos do Patrimonio de Castro Verde. Chegando a Cabanas arredor das 9:30 h., como estaba previsto. Pouco despois chegaron os socios/as de A Canteira de Neda
Ali agardábanos Luisa e Tino da Agrupación de Caamouco para dar as instrucións da andaina. Aproveitamos para dar as grazas a toda a Xunta Directiva e demais socios/as da Agrupación de Caamouco polo seu bo facer, moitos parabéns.
Desde Cabanas baixamos á praia da Madanela onde fixemos a foto de rigor, contiuamos pola beira do mar ata o río Castro, onde o propio río fai linde entre o concello de Cabanas e Fene, este río tivo varios muíños e na desembocadura quedan restos dun muíño que funcionaba coa auga do río e /ou das mareas, muíño de maré.
Continuou a andaina polas praias de Chamoso, Coido, río Sandeu que fai de lindeiro entre Fene e Ares, praia de Redes onde puidemos ver a intervención que fixera Paco Pestana, hai uns quince anos, co gallo da festa, encontro dos arquitectos, e que no lo lembrou Tino e Dani no folleto que nos tiña enviado.
Visita a Redes e a Agrupación Instructiva de Caamouco, onde Dani nos explicou a historia da escola, lembremos que en 2011 celebrárase o seu centenario e foramos convidados polo anterior presidente (Ernesto Naveiras) e xunta directiva daquel momento. Logo das pertinentes explicacións arredor do que fora a escola de nenas e nenos, e como actualmente a Agrupación ten uns 420 socios/as e múltiples actividades culturais e de todo tipo (que envexa). Seguidamente uns pinchos variados, foto de rigor na parte traseira da Agrupación, por certo, que están rehabilitando, mellor dito continúa rehablitación desde a primeira vez que estiveramos nela.
Continuamos por Punta de Castelo, Liñares, Prais do Raso,Praia da Campa, xa en Ares. Vila de Ares ata o restaurante.
No restaurante fomos recibidos polo artista Geno Fernández con (música e voz en directo, lembrándonos cancións dos anos 1970-80) e outras interpretacións, que nos acompañou na sobremesa. A seguir a Rondalla Trovadores de Ares.
Graciñas a Geno e componentes da Rondalla. Tamén houbo intercambio de agasallos, a nosa Asociación este ano non tiña que ofrecer.
Para o vindeiro ano, o Encontro de Asociacións, terá lugar en O Corgo.
Tedes outro resume máis completo en; https://leriasdebea.blogspot.com/ (blog de Bea Pin. Graciñas Bea.
Moi bo día!
Antes de nada, trasladarvos o agradecemento de toda a Directiva da Agrupación Instrutiva de Caamouco por ter participado no Encontro. Foi unha xornada de convivencia estupenda, da que nos queda un gran recordo.
Agardamos que todas as persoas que participaron gozaran da xornada tanto como nós.
No seguinte enlace para descarga, enviamos fotografías.
https://we.tl/t-yRuSgyPmcpTmRkut
De novo, moitas grazas por todo. Vémonos no Encontro de 2027.
Apertas.
Referencia https://www.caamouco.net/portal2/aic-novas
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.
Manolo


















































































Deixa unha resposta