BREVE RESUMO ROTEIRO PACO PESTANA- ACTUACIÓN AS CEGAS DE OUSELLE- 18-10-2026
Nun día luminoso, aínda que algo ventoso ou airoso, desde Catro Verde subimos ata o alto da Vacariza para comenzar a camiñada ao pé do panel Roteiro Paco Pestana. A primeira sorpresa, como se pode ver nas fotos, a pintada que fixeron sobre o rostro, a cara de Paco e a súa casa natal, moi lametable esta actuación; non sabemos a quen pode molestar, de vergoña, inaudito. Despois da foto de rigor comezamos a camiñada ata a casa natal de Paco, baixando puidemos ver a silueta da cidade de Lugo e a parroquia de a Frairía. Na casa de Paco agardábanos Xabier, o irmán de Paco, que nos amosou algo da obra que deixou Paco. Alí mesmo a socia Bea Pin leu algunhas das lembranzas que ten de Paco cando eran mozos, graciñas Bea .A continuación , puidemos escoitar o que dixo Paco en 2011 no pequeño vídeo e que podedes ver e escoitar en (Terras de Castroverde Paco Pestana). Continuamos camiñada ata A Frairía cunha pequena parada na igrexa, continuando ata o Pazo de Folgueira, desde aquí subimos a Marrondo, desde Marrondo ata Cubelas contemplando as diferentes paisaxes, muíño e val desta parroquia. De Cubelas ata Castro Verde pasando ao Pé da Veiga do Olmo, campo e pendellos da feira ata voltar á praza de Castro Verde.
Despois de xantar. Actuación das Cegas de Ouselle, coa participación de Aldara Palmeiro (violín), Miguel Lustres (Acordeón), e Antón Castro (Zanfona). Fixeron un repertorio de pezas das propias cegas de Ouselle, Florencio da Fontaneira, de Modesta a Cega de Noceda, A Fonsagrada, etc. etc. Graciñas aos tres pola actuación. Graciñas, tamén, aos que participaron nos actos.
Grazas á Área de Cultura da Deputación Provincial, que nos achegou, unha vez máis este grugo, e grazas ao Concello polo local.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
- ????????
- ????????































Deixa unha resposta