BREVE RESUMO VIAXE CULTURAL AO CONCELLO
DE A PEROXA- OURENSE
12-04-2025
Neste día 12 de abril, preparados para a choiva coa que ameazaba a tormenta hai que dicir que o tempo respectou as nosas visitas.
Segundo o previsto, chegamos arredor das 10:30h. á Peroxa, onde nos agardaba a guía do Conello e de A Peroxa, Verónica¸agradecer a súa atención, amabilidade e coñecemento de todos os elementos partrimoniais, todo un luxo. Unha moza nova que está contratada polo concello, xa quixeramos ter algo similar no noso concello, ou iso é o que pretendiamos cando comezamos coa nosa asociación.
Comezamos as visitas no museo do Lebre, Pódese visitar de maneira gratuíta na planta baixa do Edificio Multiusos do Concello da Peroxa. Acolle preto de 500 pezas de exposición, case todas elas feitas por este polifacético personaxe, aos que algúns lle chaman “O Da Vinci da Peroxa”, pola súa intelixencia e a súa creatividade. A visita ao museo é adentrarse no mundo rural do século XX, coñecendo os distintos oficios tradicionais da época a través das máquinas e dos inventos do Lebre.
Manuel Fernández Fernández, de alcume "O Lebre das Casarizas", nace na aldea das Casarizas (A Peroxa) no ano 1906 e fina no 1997. Foi un auténtico visionario con espírito rebelde, característica moi ben resumida na famosa frase “O Lebre quérese libre”. Un auténtico artífice que destacaba pola súa capacidade innovadora fronte aos desafíos que a penetración do capitalismo industrial trouxo ao agro. Desenvolveu a súa actividade máis significativa nos anos anteriores á Guerra Civil e, despois desta, até a década dos setenta.
O seu alcume é herdado da súa nai, pois dicíase que ela era unha muller moi alta e fermosa, polo que tiña moitos pretendentes que sempre a querían acompañar. Cando ela se vía moi comprometida, escapaba… como unha lebre.
Destacou por ser unha gran persoa, amigo dos seus amigos, traballador, e fiel crente da incuestionable calidade de vida do mundo rural, a pesar da dureza dos tempos nos que lle tocou vivir. No baixo da casa, decide instalar unha forxa-taller que vai ser o seu centro de operacións durante máis de 50 anos.
Alí fabrica el mesmo todos os elementos e toda a ferramenta que precisa para o taller (torno motorizado, mandril, esmeril, cilindros, parafusos, torcas, etc.), así como os seus propios apeiros de labranza e os dos veciños. Goberna reloxos, máquinas de coser, vehículos, etc. Faise cos motores e outros compoñentes de vehículos vellos para armar outros novos. Traballa como dentista, ferreiro, canteiro, músico, transportista, reloxeiro, mecánico, radiestesista, etc. E dedícase a facer a malla da zona, coa súa orixinal malladora-limpadora.
A segunda visita; O castelo que ocupa o lugar dun castro onde se asentaron os primeiros poboadores, sobre o val do rego Rial, afluente do Miño. No século VIII, a familia Temes ordena a construción dun castelo para defender as súas terras das incursións musulmás.
Durante a Revolta Irmandiña do século XV, outros castelos galegos foron arrasados pero o da Peroxa foi un dos poucos que se salvou. Pouco despois deste suceso, o castelo pasa aos Condes de Ribadavia, pasando en condado aos Sarmiento e o seu escudo de armas con trece roeis convértese no escudo do concello.
Despois da desamortización do século XIX, albergou as dependencias municipais durante algún tempo ata que no ano 1920 é adquirido o inmoble por un particular, que vendeu a pedra da torre da homenaxe (din que por 3 euros) para a construción da igrexa da Peroxa.
Na actualidade consérvase pouco do que debeu de ser no seu día. Tiña a planta poligonal reforzada por catro torreóns semicirculares, dous deles na porta de acceso. No centro situábase a Torre da Homenaxe. Pódense ver parte das bases das murallas cos cubos, os cimentos do que foi a torre da homenaxe, un muíño, un alpendre e o alxibe que se atopaba no lado oeste da muralla. Desde aquí contémplánse varias aldeas da zona, a propia cidade de Ourense e A Peroxa.
Pola tarde, visita aos Peares. Os Peares: duas provincias, catro concellos, dous de Lugo, Carballedo e Pantón, dous de Ourense, A Peroxa e Negueira de Ramuín, tres partidos xudiciais, dúas dioceses, tres comarcas e tres ríos
Situada a 18 km de Ourense, a parroquia enclávase na marxe dereita do Miño, entre este e o Búbal. En fronte, na beira esquerda do Miño, desemboca neste o Sil. O Búbal e o Sil fan de límite provincial entre Lugo e Ourense.
Posúe unha estación de ferrocarril da liña Monforte de Lemos – Vigo
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo
Deixa unha resposta