HOMENAXE A PACO PESTANA

Sábado, 15 de outubro de 2022-10-15

Como estaba previsto, saímos de Castro Verde perto das dez da mañá, achegámonos ata Peredo e á casa de Paco Pestana; logo de facer unhas fotos a carón da Casa, lemos o poema “Casa” do libro Paisaxes de pan de Ánxela Gracián. SaÍmos camiño de Folgueira, podendo ver a Frairía e pasando arredor do pazo de Folgueira, un dos catro pazos importantes de Castroverde. Subimos a Queimadiña, baixando a Marrondo, seguimos polo Souto, Covelas e desde aquí ao pé do monte Queimado e Veiga do Olmo achegámonos ata Castro Verde, visitando antes o Miradoiro do Monte da Lomba desde onde podemos ver aldeas e lugares de Castroverde; Vilabade, Monte Cubeiro, Bolaño, Rebordaos, San Miguel…

Pola tarde actuacións na igrexa de Castro Verde, das Cegas de Ouselle (Miguel Lustres –Acordeón Aldara Palmeiro- Violín, Antón Castro- Zanfona) e Son de Corda (Esperanza Iglesias- Soprano,Carmen Prendes- Contra alto,Fernando G. Jácome – Tenor, Antón Castro –Baixo. Acompañados de Elena Fernández ao piano).

Mandaron apoio á Homenaxe; Curra Figueroa, D. Xesús Alonso Montero, Marica Campo e Doris.

Interviron falando arredor de Paco, Ánxela Gracián, Luz Darriba, Antón Castro, Alfredo Llano e deuse lectura a un texto enviado por Suso Trashorras. Para rematar, Son de Corda interpretou unha peza de Zeca Afonso.

SEMPRE NA LEMBRANZA

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo M.B.

https://fb.watch/gaHhQaUmD8/

https://leriasdebea.blogspot.com/2022/10/paco-hoxe-como-ti-non-estabas-decidimos.html?spref=fb&fbclid=IwAR3s9IeywcytwyXUz6Jb2mCrHxmk2GtjXLvRm_6KRsjMu2wiBYU2rgMiVB4