No día de hoxe, 12-02-2019 tivemos coñecemento da rotura dunha lápida no cemiterio de Soutomerille debido á caída dunha póla sobre a mesma e con risco para todo o conxunto, debido ás árbores que o rodean.

Este interesante núcleo BIC (Ben de Interese Cultural), Soutomerille, coa súa croa, castro, casas de Arriba e de Abaixo, igrexa prerrománica, castiñeiro da corredoira e cemiterio máis pequeno de Galicia, leva camiño de desaparecer todo.

Lembramos feitos pasados: caída de castiñeiro ao pé da igrexa, roubo da campá, caída de carballo sobre o forno da Casa de Arriba, chapas ao pé da igrexa e rodeando a casa de abaixo; á parte, rotura do panel principal do roteiro de Soutomerille que repuxemos en setembro de 2018.

Todo o conxunto é un (BIC), mais ninguén fai nada por conservalo, o paso dos anos vai levando todo por diante, por falta dun coidado mínimo.