Breve resumo:Visita cultural polo concello de Negueira de Muñiz e

Visita a el País del abeyeiro

Sábado, 09 de xullo-2022

Nun fermoso,pero abafante día de comenzos deste mes de xullo, realizamos a visita ao concello de Negueira de Muñiz, visitando brevemente o concello coa foto de rigor diante da Casa do Concello, seguidamente comenzamos o roteiro ata a Ponte Boabdil.Comentar que Negueira de Muñiz ten varias particularidades. É o concello menos poboado de Galicia e o único cun sistema electoral de listas abertas. Aínda que conta con algo máis de 200 persoas empadroadas.

Ten personalidade xurídica propia e plena autonomía no ámbito das súas competencias e na defensa dos intereses locais que representa.

No percorrido puidemos ver os típicos hórreos de Negueira, as plantacións de mazairas ou pumares, os viñedos, e contemplar os lugares ao oturo lado do encoro de Grandas; Barcela, Rozadas, Cancio; por certo, o nivel de auga está moi baixo. Pasamos por Pieiga, pequena parada en Vilaseca e continuamos ata ponte Boabdil.

Pola tarde, visita ao País del abeyeiro, onde Berto nos explicou todo o relacionado co mundo das abellas e unha cata de mel. Fermoso lugar situado en Penadanogueira ou de Pena da Nogueira. Dar as grazas a Berto polas explicacións e atención e, a Serafín polas súas achegas sobre o concello de Negueira

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo M.B.