Breve resumo – ROTEIRO POLO CAMIÑO PRIMITIVO. ASOCIACIÓNS:
PASADA DAS CABRAS- AMIGOS DO PATRIMONIO.
Domingo, 12 de novembro de 2021
Neste domingo soleado do mes de decembro, percorremos o Camiño Primitivo, as asociacións: Pasada das Cabras de Burela e Amigos do Patrimonio de Castroverde. Saímos de Castroverde, baixamos a Camiño (San Miguel) , Penalonga, Souto de Torres, O Mesón de Fraiás, Moreira, Vilar de Cas, con parada técnica na Pociña de Muñiz; logo achegámonos a Soutomerille, podendo ver a Casa Torre de Arriba, cemiterio (un dos máis pequenos de Galicia), baixamos pola corredoira para contemplar o castiñeiro centenario e na igrexa comentamos a súa orixe prerrománica e a reforma que tivo lugar no ano 1619. Finalizamos o percorrido na Pallota onde puidemos ver as obras de restauración que se están a realizar. Pola tarde, despois de xantar, pequeno paseo pola Fonsagrada.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.
Manolo
Deixa unha resposta