BREVE RESUMO

ACTO DE HOMENAXE A MANOLO GÓMEZ ARROJO

Noutro día luminoso, caloroso e fermoso día, venres, día 26 de agosoto deste ano que corre, realizamos un acto de Homenaxe ao que foi Vicepresidente da Asoc., Manolo G. A., era un acto que tiñamos pendente e que despois do realizado en Soutomerille o pasado mes, sentiámonos con máis obriga de realizar,  porque se non o fixeramos,  Manolo non nolo perdoaría. Dito isto os actos fóronse desenvolvendo segundo o previsto.

Arredor das 18:00 h. comenzou a Homenaxe coa actuación de Miro Casabella que, interpretou máis dunha ducia de pezas; desde o xa coñecido, “ O  meu País”, “ “ A fala”, “ María Soliña”, Cantigas de Afonso X, “Fuco Pérez”, “Castrelo do Miño (Romance de cego), por citar só algunhas pezas, para rematar interpetando versos de Rosalía “Miña nai, miña naiciña”.

Agradecer a Miro que nos puidera acompañar na Homenaxe e, agradecemos tamén a presenza dos Srs. curas: Manuel Varela, Abel Quiroga e Xoán Carlos Paradela, e os representantes políticos, exalcalde, Miguel Rodríguez e  deputados provinciais Mario Outeiro e Álvaro Santos que Manolo llelo agradecería  infinitamente.

A seguir foto de rigor  arredor do pousadoiro e cruceiro, coas persoas que participaron nos actos, arredor dunhas sesenta persoas.

Logo, pequeno percorrido desde a igrexa de Furís ata a casa de Cantiz pasando arredor da croa de Furís e chousa do Cotón das que tanto nos ten falado el que, por certo, non puidemos visitar por mor da maleza, mais puidemos disfrutar da mesma cunha proxección montada polo noso técnico, Adolfo Marín López, ao que agradecemos o seu traballo e esforzo.

Na casa de Cantiz, pequena merenda e a continuación percorrido nocturno, dunnhas cantas persoas, desde a Abelleira, Azureira pola zona da Pena Pequena, e pola pista que vai por riba do Carballal de Furís, Augalevada ata o Castro ou Croa de Arrubial.

Agradecer tamén á familia de Manolo a amabilidade de deixarnos a casa e á fundación TIC por gravar parte do evento.

 

Saúde, Terra e Lingua

Agosto de 2016