BREVE RESUME: ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS GDR4 -TERRAS DE LUGO-

                     FEIREANDO-PROXECTO ROTEIRO DAS FEIRAS
O 18 de decembro de 2010, celebramos a derradeira actividade deste ano que remata, participando, xunto con outras Asociacións de Terras de Lugo, onde cada unha delas expuxo as actividades que ben desenvolvendo.
Os actos da mañá desenvolvéronse segundo o previsto, desde as 10:00 h ata as 14:00h., todas as intervencións foron de grande interese, desde … E para comer Lugo. Unha marca de produción turística ata Proxecto Vida de Aldea, pasando pola exposición das Actividades da Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde, Proxectos de Arumes do Corgo ou Unha Casa-Museo para Manuel Maria, que incidiron no aspecto cultural e outras Asociacións coma COGAMI que incidiu nos aspectos sociais, ou o cocoperativismo exposto por membors de AGRIS, a recuperación do do sector forestal  do sector da madeira, etc.
Pola tarde, mestres do CPI de Friol expuxeron o proxecto do blog sobre Friol; Friol: algo máis que pan e queixo e, seguidamente, a intervención dos dos rapaces do CPI  de Friol. Deixémonos de Dindirindainas II.
Seguidamente explicación do  Proxecto Ruta das Feiras para finalizar con políticas de desenvolvemento rural.
Pechando o acto o Presidente de Terras de Lugo, dando as grazas e dando paso á actuacion de A Quenlla, acto organizado pola Asoc. Cova da Serpe.
Mentras remataban estes actos da Asoc. Terras de Lugo, algúns asistimos á entrega de premios da IV Edición do Certame  Literario Terras de Chamoso, onde foron premidas alumnas do CPI de Catroverde e outros coñecidos nosos, mais tamén persoas de Noia ou Foz. Presentándose nesta edición 134 traballos. Noraboa a todos os premiados.
Boas Festas de Nadal e Ano Novo.
Saúdos. Manolo Muñiz
En Lugo-Castroverde, decembro de 2010