Estimad@s compañeir@s da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde:


Este venres día 21 de novembro ás 21:30 haberá en Lugo unha charla sobre “Cultura e valores do rural con vixencia de hoxe e mañá”. A U.R.G. fixo de enlace entre a ponente e os organizadores. Será en Recimil – Nadela, a dous quilómetros da cidade de Lugo, no local da Asociación “Cruceiro de San Lourenzo”.
A ponente é Patricia da Universidade Rural do Eume e a entrada é libre.
Sen máis, reciban un cordial saúdo.

Paula Ares.
Universidade Rural Galega”