Textos das conferenzas sobre “A desagrarización do Concello de Castroverde” de Manuel Marey, profesor da Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Lugo da Universidade de Santiago.

O día 24 de Agosto, Manuel Marey disertou no CPI de Castroverde sobre o tema nomeado, dentro dos actos solemnes do Irmandamento dos Concellos Ibéricos -tres na España e outro mais no distrito de Beja en Portugal-. Ao longo da súa disertación fixo un percorrido polas condicións socioeconómicas que tivo que afrontar o noso país, pasando polas duas ondas da emigración, transoceánica primeiro, e europea nos anos 60 e 70 que tiveron gran repercusión nos cambios dunha economía agraria de subsistenza a unha economía gandeira a partir dos primeiros anos 70, para, recesivo o modelo demográfico que xa non garatiza as taxas de reposición de poboación, rematar nunha economía de baseamento forestal. O Concello de Castroverde posiciónase coma un espazo paradigmático dos procesos descritos. As disertacións tiveron gran expectación de xente e interés pólo seu contido.
Os cinco capítulos da exposición -para baixálos- son os seguintes: Cap1, Cap2, Cap3, Cap4 e Cap5