Na Cova da Valiña
Na Cova da Valiña falamos de moitas cousas, evocacións diversas, e tanto, que incluso Pablo Castedo lles tocou unha muiñeira aos espíritos da Cova; ¡pero eles non contestaron!
¿Que opinarían de nós aqueles cavernícolas? Como pouco dirían: ¡Tanto presumir de entregos e resulta que nin Museo teñen, así que os restos aquí deixados hoxe en día están ciscados, algúns en Lugo e outros en Vilalba! O primeiro dos desacatos xa foi desfacer a entrada da nosa cova para extraer pedra marmórea coa que elaboraron cal para cubri-las casas, mais despois veu a moda de asomar as pedras esgrevias, e o cal…, ao entullo! Menos mal que aquel señor de Bolaño, don Darío Trashorras, ¡que merece o don porque se portou con nós mellor cós que viñeron detrás!, mandou parar coa canteira, e foi a Lugo para mostrar o seu achado. ¡Ben lle pintou, pois cando subiu pregamos por el, e librouse do purgatorio!
¡Que pena non poder falar con aqueles entregos, pero día virá, Deus mediante! De momento, evoquémolos.
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta