BREVE RESUMO ROTEIRO PENA- CASTRO VERDE
E ASEMBLEA 2025
11-01-2025
Nun día bastante agradable, despois de varios días de choiva, achegámonos á parroquia de Pena para, unha vez máis observar a súa riqueza patrimonial, hórreo de Piñeiro, fonte de Amoreira da época da República, igrexa neoclásica, restos de panteóns tamén da época da Republica e un fermoso xardín. A visita maís chamativa e principal motivo do percorrido foi a visita ás Penas do Eirado, un sorprendente rochedo con vistas sobre ao val e á parroquia.
O percorrido seguiu en dirección a Toldaos, continuando polo Camiño de Toldaos a Bolaño, visitando a igrexa, parada en Bolaño, con agasallo duns doces por parte de Marina, graciñas pola súa hospitalidade. Continuamos coa visita a, horreo de Valiño, lagas, quiosco da música e polo camiño- estrada do Bulleiro e, antes de pasar o rego de Riazor, puidemos contemplar o castiñeiro centenario, que debería estar catalogado como árbore senlleira de Galicia, remantando o percorrido en Castro Verde.
Despois de xantar, ás 16:00 h. Asemblea xeral, onde se aprobou a acta do ano 2023 e se expuxeron as actividades do ano 2024, as propostas para o ano 2025 e se trataron asuntos diversos; temas, Encontro de Asociacións, Irmandamentos, celebración do XX aniversario da Asociación, Eólica Así Non, Quremos Galego, Rede do Rural, conservación do Patrimonio en xeral e, máis concretamente a igrexa vella de Cellán de Mosteiro, continuar mantendo roteiros etc.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio
Manolo
Deixa unha resposta