CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA2025
ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE
Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro
Día 11 de xaneiro, sábado, de 2025 ás 15:30 h. e ás 16:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente, na Casa do Concello Vello de Castro Verde, Travesía de Montecubeiro, nº 38 CP-27120-Castroverde. Coa seguinte orde do día:
I.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (13-01-2024).
II.- Aprobación de contas ano 2024.
III.-Actividades desenvolvidas en 2024 e a desenvolver en 2025.
IV.- Aprobación do orzamento para o ano 2025.
V.- Altas e baixas de socios 2024.
VI.-Cuestións varias:
Publicacións pendentes.
Nomear socios de Honra.
Continuar formando parte da Plataforma “Queremos Galego”
Continuar formando parte da Rede do Rural.
Continuar formando parte da Plataforma “EÓLICA SI, PERO NON ASÍ”
Continuar reivindicando o Patrimonio: Igrexa de Cellán de Mosteiro (Información), Torre da Fortaleza, Soutomerille, Monte Cubeiro, Capelas varias…
VIII.-Rolda de intervencións.
Asdo.: Antonio V Figueroa Paz Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
(Secretario) (Presidente)
Lugo, Castro Verde, decembro de 2024
CONVVOCATORIA DA ASEMBLEA 2025 e Roteiro.pdf
RESUMOS ACTIVIDADES ANUAIS 2024.pdf
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 2025.pdf
Deixa unha resposta