Breve resumo: ROTEIRO ARREDORES DE CASTROVERDE
Sábado, 13 de xaneiro de 2024
Neste primeiro roteiro do ano, como estaba previsto, comezamos na praza do concello para achegarnos ata a praza do Rolo, baixar pola traza histórica do Camiño Primitivo ata as Penas de San Lázaro. Desde aquí por entre o Monte Reboleiras puidemos ver a aldea de Trashorras, San Miguel do Camiño e Fontao, pasamos o río Chamoso e polo camiño de Barrio achegámonos a Bolaño, podendo ver dous muíños e unha das abundantes fontes que alimenta o río Chamoso, (chamado de Bolaño, Recesende…) nesta zona conflúen os regos que veñen de Pena, Montecubeiro e Rodinso, seguidamente achegámonos ata á cova da Valiña para podermos observar o traballo de excavación, que fixeron na primavera pasda o equipo de Arturo Lombera do Grupo de Estudios para a Prehistoria. Desde a Valiña voltamos ata Bolaño onde visitamos o forno do cal, as lagas de enlagar o liño e quiosco da música para voltar polo lugar de A Pala e rego de Riazor ata Catro Verde.
Pola tarde, antes de comezar a asemblea achegámos ata a torre da Fortaleza para obsevar, unha vez máis a torre e a recostrución do muro. Xa na asemblea expuxéronse as actividades desenvoltas ao longo do ano 2023 e a desenvolver no ano 2024. Entre elas continuar reinvindicando lugares emblemáticos do Concello, comenzando pola Torre da Fortaleza, Soutomerille, Monte Cubeiro, igrexa vella de Cellán de Mosteiro, etc.
Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.
Manolo M.B.
— PRÓXIMA ACTIVIDADE-
VISITA CULTURAL A COMPOSTELA
Venres-09-02-2024
-8:20 h. en Castro Verde
-8:40 h no Carqueixo
-10:30 h. Visita ao Parlamento Galego.
12:00 h. Visita á Cidade da Cultura.
-14:00 h. Xantar.(Arredor desa hora)
-16:00 h. Visita ás cubertas da catedral e Pórtico da Gloria.
Aclaracións:
-Prégase a máxima puntualidade. Hai que estar no parlamento antes das 10:30
-Comunicade asistencia, por saber o número de persoas, antes do día1 de febreiro, por motivo de organización. Ollo, nesta ocasión á viaxe é un venres, por motivo da visita ao Parlamento. Preferencia para os socios/as. Limite (25 prazas)
-Custo da viaxe: autocar+xantar+visitas- 35€.
Resumo Roteiro arredores de Castroverde.docx
VISITA CULTURAL A COMPOSTELA-09-02-2024.docx
Deixa unha resposta