Breve resumo: COÑECE A TÚA PROVINCIA

RUTA: 6: Lourenzá e Mondoñedo (visita ao centro de interpretación da faba, cooperativa Terras da Mariña, igrexa de San Salvador de Lourenzá ecasco antigo de Mondoñedo.

Martes, 25 de outubro de 2022

Como estaba previsto, saímos de Castro Verde ás 9:00 h., dirixíndonos á Granxa Gayoso, onde nos agardaba o veterinario Daniel Piñeiro, a quen agradecemos que nos explicara todo o relacionado coa Granxa Gayoso, sobre todo o relacionado coa gandeiría de produción láctea, control sanitario, alimentación… e funcionamento da granxa, sendo lugar de práctica do alumnado da Facultade de Veterinaria.

Logo, baixamos ata Lourenzá onde nos agardaba a guía, a quen agradecemos as súas amables explicacións; da fachada da igrexa, retablo e igrexa, relicario barroco do século XVII formado por 28 reliquias; a capela da Nosa Señora de Valdeflores na que se puidemos comtemplar o sarcófago paleocristiano do "Conde Santo", século V.

A seguir visita ao Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá e Cooperativa Terras da Mariña. Agradecer as explicacións de Pepe.

Logo de xantar; visita á Ponte do Pasatempo, barrio dos Muíños, capela de San Roque, Fonte Vella, percorrido polo casco con visita exterior a Semianario, Catedral; podendo ver as casas natais de Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga… continuando por Praza do Concello, igrexa de Santiago A Nova para rematar coa visita ao cemiterio de Mondoñedo realizando unha breve visita aos lugares onde repousan; Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Álvaro Cunqueiro, podendo contemplar o mosteiro dos Picos.

Agradecer as explicacións da guía, Almudena e o bo facer condutora, Lucía.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo M.B.