Imaxes da Andaina de hoxe por Soutomerille, organizada polo GDR Comarca de Lugo, coa colaboracíón do concello e da Asociación. Roteiro combinando O Camiiño Primitivo ata a Pallota e seguir para Soutomerille. Visita á igrexa, castiñeiro da corredoira e cemiterio de Soutomerille, rodeas o castro peón, subir polos Abeledos, agra do Sabugueiro, camiño do Agriño, subida á croa para visitar as Pozas das Pedras ou asentos dos Mouros, baixar para facer parada na Casa Torre de Arriba, continuar ata Vilar de Cas, con parada técnica na Pociña de Muñiz e volta polo camiño da Zarra, Lagoa, e voltar ao punto de saída igrexa de Vilar de Cas.
Graciñas polas fotos Karlos.
Deixa unha resposta