MES DE MAIO

14 e 15 de maio – Encontros na Terra en Vilabade. Achegamos cartaz.

17 de maio. Queremos galego

Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”

Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. Haberá transporte dende todas as comarcas galegas, para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel na web queremosgalego.gal.

AUTOBUSES 2022

A plataforma Queremos Galego! está a organizar a saída de varios autobuses das principais cidades para facilitar a participación na manifestación a prol galego «Por un novo futuro para a lingua» que terá lugar o 17 de maio ás 12h en Compostela.

*O custe será de 5€ por persoa.

TELÉFONOS DE CONTACTO PARA ANOTARSE NOS AUTOBUSES PARA ASISTIR Á MANIFESTACIÓN:

§ A Coruña: 981 169 810

§ Ferrol: 630 219 861

§ Lugo: 982 225 812 (Saída ás 9.30hs de Ronda da Muralla, 58)

§ Vigo: 986 827 900

§ Pontevedra: 986 866 205

§ Ourense: á espera de confirmación

§ A Mariña: 982 581 861 ou 605 377 317

https://www.queremosgalego.gal/

MES DE XUÑO

-5 de xuño (Domingo) EÓLICA ASÍ NON. Teredes máis información a finais deste mes. Lembrade o cambio de data e de día.

encontros na terra.pdf