Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”
Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. Haberá transporte dende todas as comarcas galegas, para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel na web queremosgalego.gal.
AUTOBUSES 2022
Publicado o 28 de Abril de 2022 por Queremos Galego
A plataforma Queremos Galego! está a organizar a saída de varios autobuses das principais cidades para facilitar a participación na manifestación a prol galego «Por un novo futuro para a lingua» que terá lugar o 17 de maio ás 12h en Compostela.
*O custe será de 5€ por persoa.
TELÉFONOS DE CONTACTO PARA ANOTARSE NOS AUTOBUSES PARA ASISTIR Á MANIFESTACIÓN:
§ A Coruña: 981 169 810
§ Ferrol: 630 219 861
§ Lugo: 982 225 812 (Saída ás 9.30hs de Ronda da Muralla, 58)
§ Vigo: 986 827 900
§ Pontevedra: 986 866 205
§ Ourense: á espera de confirmación
§ A Mariña: 982 581 861 ou 605 377 317
Deixa unha resposta