REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

difusion

NOTA INFORMATIVA

O vindeiro venres, día 6, ás 10:45 horas, terá lugar na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo a presentación da mostra ESQUECÍN QUE TE ESQUECÍN, organizada por Blanco, Negro e Magenta, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Rede Museística.

Posteriormente, terá lugar tamén a presentación de 113+, título que alude ás máis de 113 nacionalidades que conviven en Lugo, e que consiste nunha serie de actividades, coordinadas por Encarna Lago, de Culturas en Diálogo organizadas pola Rede Museística en colaboración coa Asociación Ríoplatense de Lugo, actividades que darán comezo na mesma xornada, ás 6 da tarde, na Sala de Exposición do Pazo de San Marcos.

Neste acto estarán presentes Tareixa A. Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e as artistas participantes na mostra.

Lugo, 4 de marzo de 2020.

NOVO LOGOTIPO Rede