BREVE RESUMO DA HOMENAXE A DONA ENRIQUETA OTERO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

CASTRO VERDE (08-03-2020)

Nunha mañá algo gris e que ameazaba choiva, mais finalmente luciu o sol, varias persoas e colectivos de Castro Verde reunímonos a partir das 10:30 h., na praza do Concello, para Homenaxear a Dona Enriqueta Otero; logo das palabras da Sra. Concelleira de Cultura, Dona Pilar Ferreiro, dando a benvida e lembrando o Día Internacional da Muller e Homnaxe a Dona Enriqueta, foto de rigor diante da casa do Concello para, seguidamente, dirixirse ao CPI. No salón de actos, Ricardo Polín comentou a vida de Enriqueta desde o seu nacemento ata o seu falecemento (1910-1989), deténdose na Infancia, formación académica, republicana, guerrilleira, condenada a morte, permuta por 30 anos de cadea, permanecendo perto de 20 anos en prisión; saíndo da cadea a mediados dos anos 60 e recuperando a súa condición de mestra a mediados dos anos 70; mentres sobrevivía en Miranda, alí construíu coas súas mans a casa, hoxe en total ruína. Loitadora pola cultura, funda varias asociacións, O Carriño, O fungueiriño, Cándida e unha cooperativa, Esmeralda. Moi enferma é atendida polo Padre Mato (D. Xesús Mato) e outras persoas. Todo isto apoiado na presentación que realizou o memso Ricardo. A loita cultural e política confirmóunola tamén Xulio Xiz, dirixindo unhas palabras aos presentes, e pedindo disculpas por non tela atendido máis e doutro xeito; escoitamos parte dunha entrevista que o mesmo Xulio lle fixera a Dona Enriqueta a mediados dos anos 80, onde falaba de Preescolar na casa. Para finalizar este primeiro acto presentamos o cadro que Enriqueta lle regalou ao noso socio César Gómez Fernández e este cedeu á Asoc. Amigos do Patrimonio (ver foto).

A seguir Paco Pestana noutro edificio do CPI leu tres poemas adicados a Enriqueta, neste edificio estaba a exposición que lle fixera hai uns anos a Dona Enriqueta.

Logo subimos aos pendellos da feira, onde se descubriur a escultura que Xosé Darriba (Pepe Caralladas), realizou para Homenaxear a Dona Enriqueta, un toro dunha árbore coas súas raíces, un carro e hórreo e nas polas “as fillas” de Enriqueta, as asociacións que creou; O Carriño, Cándida, O Fungueiriño e a cooperativa Esmeralda. Para rematar este acto interpretación musical por parte do grupo Trasdalomba.

Desde o campo da feira diríxímonos a Cellán onde pintara a escola deste lugar coas cores do arco da vella.

Finalizamos coa visita a Miranda, comenzando pola praza e casa onde naceu, seguidamente, achegámonos ata a casa que levantou na finca A Alvarella e para rematar os actos cunha ofrenda floral no panteón onde descasa, con lectura de poemas por parte de Fina Amoroso, Ricardo Polín; rematando coa interpretación da Negra Sombra por parte de Cándio e Ángeles de Zuncurrudullo.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

M.M.B.