RESUMO VISITA CULTURAL Ribeira Sacra

Concello de Pantón

Sábado, 8 de febreiro de 2020

Este día transcorreu facendo as visitas programadas. En Ferreira agardábanos Rosana, a guía que nos acompañou ao longo do día, a quen agradecemos as explicacións e atencións.

Comenzamos visitando o Mosteiro de Ferreira (San Salvador). Mosteiro de Bernardas é obra do século XVIII, aínda que o claustro é do século XV. Ten unha igrexa -Monumento Nacional- que conserva unha preciosa ábside románica do século XII. No interior conserva sartegos do conde de Altamira e Diego de Lemos.

Visita exterior ao Castelo de Maside que pertenceu aos condes de Lemos. Trátase dun bo exemplar de arquitectura defensiva medieval. A seguir visitamos o Balneario de Augas Santas; continuamos coa visita á igrexa de San Estevo de Atán, pertenceu a un mosteiro, fundado polo bispo de Lugo Odoario no século VIII, considerado coma un dos máis importantes da época sueva. Destruído polos musulmáns, foi reconstruído no século IX, pero sufriu outra resconstrución a finais do século XII que é a época á que pertence o edificio actual, agás a torre que caeu en 1904. Son interesantes as súas portas. A principal, de tres pares de columnas, ten unha isncrición indescifrable no tímpano. A do muro norte salienta pola orixinal ornamentación. Son tamén interesantes os canzorros románicos.

Despois de xantar na casa do barqueiro, Casa Maiorga, un dos topónimos máis antigos da Península, segundo nos indicou a guía.

Pola tarde visita ao Mosteiro de San Miguel de Eiré, fundado no século XII, coas súas rendas custeouse a construción do Hospital Real (Hostal dos Reis Católicos) de Santiago.

O porta norte é a máis interesante pola finura e delicadeza con que está feita. Na clave do arco ten un año coa cruz. Na mocheta da esquerda dúas cabezas onde se pode ler LUMA (Lucas e Mateo ou Lucas Magister). No interior volve aparecer o año e unhas pinturas, a central lembra o tímpano da pantocrátor da porta norte da catedral de Lugo. O exterior da ábside dividido en cinco tramos por catro columnas. Os capiteis da ventaíña románica represéntanse animaliños agatuñando cara o ábaco. A torre está aberta aos catro costados.

Visita ao Cabo do Mundo, cunha fermosa vista sobre o meandro que fai o río Miño, que cerca o castro de Nogueiral, que dá nome á parroquia de Nogueira, que ten unha igrexa románica. O Fión (San Lourenzo), ten unha igrexa con ábside semicircular románica e pinturas do século XVI no interior.

No mesmo Fión, rematamos as visitas na Casa Torre Vilariño, onde se poden ver moitos dos trebellos, ferramentas, apeiros, empregados polos nosos antepasados.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

A comenzos de febreiro de 2020