A Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolverá o sábado, 16 de novembro de 2019 un programa de actividades que conmemorarán o 122 aniversario do nacemento de Avelino.

O programa consta de dúas conferencias impartidas, respectivamente, polos lingüistas Bernardo Penabade e Antón Santamarina, sobre diferentes aspectos da obra poética e xornalística de Avelino Díaz.

A actividade completarase cun recital poético de Teresa Ramiro e de Antom Laia, e coa intervención musical do Cuarteto de Saxofóns da Banda de Música de Meira.

O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Meira. O programa completo pode consultarse no documento anexo.

Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal e nos perfís de Facebook e Twitter da Asociación.

Asociación Cultural “Avelino Díaz”

www.poetaavelinodiaz.gal

poetaavelinodiaz

122 ANOS DE AVELINO Diptico.pdf