Temos o pracer de remitirlle, por si puidera resultar do seu interese, a invitación á xornada Ecosistemas contra o Cambio Climático que se celebrará o 20 de novembro ás 10 h no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría en Lugo. Nesta xornada presentarase o proxecto Infraestrutura Verde para a adaptación da ordenación territorial ao cambio climático – INVERCLIMA, desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica a través da Fundación Biodiversidad, co que se pretende mellorar a planificación territorial da infraestrutura verde co fin de contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático.

Participarán na xornada como relatores: a Directora de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, que presentará os contidos da nova lei de ordenación do territorio de Galicia relacionados coa infraestrutura verde; a Directora de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Mª Cruz Ferreira, que expoñerá a Estratexia Galega de Cambio Climático; o Jefe de Área de Espacios Naturales Protegidos do Ministerio para la Transición Ecológica, que explicará a Estrategia Estatal de Infraestructura Verde; e Pedro Calaza, Decano do Colexio de Enx. Agrónomos e Dr. en Arquitectura da Paisaxe, que falará do vínculo entre a infraestrutura verde e o cambio climático.

A xornada incluirá tamén actividades participativas nas que o público asistente debatirá cos relatores, responderá a un cuestionario interactivo e participará nun exercicio práctico de deseño de infraestrutura verde.

Para máis información pódese consultar a web http://inverclima.usc.es

Programa INVERCLIMA.pdf