Este sábado 27, ás 18 hrs, na Casa-Museo, teremos a oportunidade de escoitar a Fran Amil (Chuches Amil) que presentará a toda a rapazada e as súas familias o seu último traballo "MONSTROS, con ou sen consentimento".

Rock sideral; Son un lobo bon; Este robot é unha máquina; Ñam-ñam; O monstro-orquestra…son algúns dos temas que Amil interpretará, a través de distintos estilos musicais: blues, rock, pop, swing …, xunto Aarón Bouzón.

O prezo do billete é de 2 euros e pode reservarse escribindo a contacto, ou chamando ao 698177621.

https://www.youtube.com/watch?v=0NLC2D1BeRQ