REFERENCIA DA PARTICIPACIÓN NA XIII FEIRA ARTESÁ

Coma todos os anos a nosa asociación participou na feira cun posto de exposición de libros e pezas do noso Castro Verde e, os Castro Verdes irmandados.

Asistindo aos principais actos que estaban programados, desde as demostracións dos diferentes oficios, salientando os postos dos de Castro Verde e, principalmente, o noso silleiro, de Tórdea, Luís de Xanín.

Despois da inauguración, salientar a actuación de Zuncurrundullo, a presentación de “El Caballero Verde”, obra de Benito Vicetto, co estudo fascimilar de Ricardo Polín, socio da nosa asociación, dámoslle desde aquí os parabéns por esta nova obra que profunda na nosa historia.

Seguidamente, Cándido, de Zuncurrundullo deu o pregón da feira que lembrando o seu enraizamento no noso Castro Verde, e como chegou a esta terra que o conquistou. Parabéns polo seu afincamento no noso Castro Verde.

Logo, o desfile de moda e actuación de charangas, e o grupo Leña Verde de Pol.

Exposición de coches e motos clásicas e actuación de teatro e maxia.

Xornada animada e que volveu a xuntar bastantes persoas de dentro e fóra do concello.

Saúde, Terra, Patrimonio e Lingua.

Castro Verde a 12 de agosto de 2018