BREVE RESUMO X IRMANDAMENTO DOS CASTRO VERDES / CASTRO VERDES DA PENÍNSULA IBÉRICA

Onte pola tarde remataron os actos deste X Irmandamento, os actos desevolvéronse segundo o previsto, o venres ou sexta feira pola tardiña recibimos aos nosos amigos de Castro Verde do Alentejo e aos de Castroverde de Campos, despois de facermos unha foto diante da casa do Concello, algúns foron visitar a Torre da Fortaleza.

O sábado, tivo lugar o Acto oficial, no salón de actos do Concello do noso Castro Verde, comenzou o Sr. Alcade dando a Benvida aos amigos dos Castroverdes e aludindo ao X Encontro, a seguir, Mari Paz Bousela representou ao Concello de Castroverde de Campos, por motivo de que o seu alcalde, D. Cecilio Lera está convalecente dunha recente intervención cirurxica, desexamos que se recupere o máis pronto posible. João Alberto Lança Fragoso, asumiu a representación da Câmara Municipal e a Asoc. Cortiçol, e Salvador Porqueras representou a Asoc. Castrum Viride. Os catro falaron positivamente dos Encontros, aínda que non imos reproducir aquí as palabras de todo o comentado; logo, asinaron no libro do Concello e foto de rigor diante da casa do Concello. A continuación subimos ao monte da Lomba, onde, desde o seu Miradoiro se divisan as parroquias de Vilabade, parte de Monte Cubeiro, Bolaño, o burgo vello do noso Castro Verde, San Miguel, Fontao … o val do río Chamoso. Alí descubrimento dun panel onde se lembran diversos momentos dos Irmandamentos nos Castroverdes ao longo destes anos.

A seguir, achegámonos á parroquia de Tórdea, onde nos agardaban no campo da festa e a escola de Tórdea; o cadeireiro, “silleiro”, Luís de Xanín e os axudantes, Mario Lombardia e Eladio Carpintero, e o canteiro Pablo Otero, agradecer a todos a súa disposición a demostrar a súa habelencia nos respectivos oficios.

Desde o campo da festa achegámonos ata igrexa, onde agardaba o grupo Tundal, que ofreceu un interesante acto musical, con variedade de pezas tradicionais galegas, “Homenaxe a María Victoria Moreno, autora a quen se lle adica as Letras deste ano que corre, Romance de cego, etc. castelás, “Adiós árboles del río” e portuguesas, onde mesmo interviu nela Arlindo Costa, na interpretación da peza "Altinho" (Quero Ir para o Altinho). Agradecer aos componentes do grupo a súa disposición en acompañarnos sempre que llelo pedimos, graciñas de verdade. Finalmente, D. Abel Quiroga, Sr. Cura párroco, explicou a interesante historia da igrexa de Tórdea, un minimuseo, en palabras, do investigador e lembrado, D. Xaime Delgado. Grazas Abel.

Pola tarde, visita ao muíño de Lamela de Rodinso, onde Suso explicou o funcionamento do mesmo e a súa orixe e da planta da luz, para rematar ofrecéndonos auga da súa casa, igualmente, moitas grazas.

De Rodinso a Bolaño por un dos roteiros dos muíños. En Bolaño, agardaba a coral de Taboada e Guntin que nos ofreceu un variado concerto de cancións africanas, galegas, “Anduriña”, “ Quen ten amores non dorme”… e casteláns. Agradecer que nos acompañaran para pechar os actos deste día. Nun breve descanso membros da asociación fixemos unha presentación do X Irmandamaneto dos Castroverdes, onde quixemos lembrar e homenaxear aos que nos deixaron físicamente ou que deixaron os seus postos políticos.

O domingo, visita á Marronda e Cortevella, que gustou aos nosos visitantes, aínda que hai abundantes despropósitos que habería que lembrar, mais que están ben á vista. Dicir que Ricardo Polín fixo de guía explicando todo o relacionado con esta Reserva e as súas peculiaridades, desde os cortíns, hórreos…

Volta a Castro Verde e visita á igrexa de Vilabade (Santa María), onde contamos coas explicacións de Conchita e Ricardo Polín, grazas aos dous e, grazas a o Sr. Cura por permitir as visitas ás igrexas de Bolaño e Vilagade, para rematar, visita ao pazo, que amablemente nolo amosou a súa dona, Dona Teresa Arana, agradecer igualmente que nolo ensinara, principalmente polos amigos castroverdenses.

Desde aquí despedímonos dos amigos do Alentejo e cos de Zamora subimos ata a capela do Carme, onde viron a antiga romaria que vai resistindo no tempo.

Agradecer a todos os que nos acompañaron a súa presenza nestes abafantes días, especialmente aos amigos dos Castro Verde / Castroverde do Alentejo e da Terra de Campos.

Saúde, Terra, Patrimonio e Lingua.

Lugo- Castro Verde a comenzos de agosto de 2018.

Manolo

RESUMO X IRMANDAMENTO.docx