BREVE RESUMO ROTEIRO POLA PARROQUIA DE BARREDO

13-04-2024

Nunha mañá luminosa deste mes de abril, arredor das 10 horas saimos da parroquia de Barredo (Sto. André), podendo visualizar os castros de Barredo, Gondar, da Pallota, Croa de Soutomerille, Castro Peón …, baixamos a Vilar dos Naraos, subimos ao pé da Chousa de Varela, ata o lugar do cruceiro, visitando Mámoas da Chousa e de Fontela. Visitando os diferentes rochedos; Pena Redonda, Lagoa do Monte Coutado (vista desde o camiño; continuamos por Outeiro do Can, Pena do Campanario, O Pico, Pena da Ruza, vendo os lugares onde se quere instalar "o parque éolico”, Monte Coutado. Desde os rochedos de Pena Branca baixamos por camiños fermosos ata Vilaxuxo, para voltar a Barredo, o “parque, vai afectar a varias aldeas, á parte de Barredo, Vilaxurxo, Vilar dos Naraos, A Meda, Córneas, Vilafrío, Moreira, Soutomerille…. e parroquias do concello de Lugo, con incidencias graves no Camiño Primitivo, á parte de elementos naturais, como poden ser; as mámos ás que aludimos, a Carballosa, rochedos Pena da Ruza, O Pico, Pena Branca, etc. Por citar só algúns elementos.

Percorremos prácticamente a contorna da parroquia.

Pola tarde, exposición, presentación fotográfica de todos os lugares afectados e o impacto que causará no territorio

Saúde, Terrra, Lingua e Patrimonio.

Manolo