BREVE RESUMO DA XL – ROMAXE DE CRENTES GALEGAS/OS

BEADE – PARQUE FORESTAL

SÁBADO, 9 DE SETEMBRO, 2017

ANDAINA DE POBO E FE”

Canto de Inicio

Comeza o acto coa interpretación, por parte de Mini e Mero, do poema “Irmáns cómpre que nazan flores a cada instante” de Claudio R. Fer.

I.- Acollida

A XL Romaxe desenvolveuse en Beade, que hoxe é o balcón de Vigo, pola súa situación, podendo ver a Vigo, a súa ría, as Illas Cies e a Península do Morrazo.

Lembranza dos 40 anos, con referencia a Persoeiros que nos deixaron e á celebración da primeia Romaxe no Pedregal de Irimia. Facendo un percorrido polo lema de varias romaxes e os lugares onde se celebraron, desde o Pedregal pasando por; O San Alberte, O Incio, Ribadeo ata Castro Verde, onde tivo lugar a XXXV Romaxe.

2º Perdón e gratitude

Alusión sao lema da XL Romaxe, ANDAINA DE POBO E FE.

3º A palabra que enche de vida

Referencia ás Benaventuranzas, pero actualizadas con referencias á violencia de xénero é a falta de compromiso do goberno cos refuxiados, por non ter acollido aos que se comprometeu a acoller.

4º Pregaria de comuñón

Comuñón de compromiso, paz e alegría.

Interpretación de “A Virxe de Guadalupe” e o Noso Pai

5º.- Desexos para o berro seco

– Persoas refuxiadas.

– Precariedade.

– Comproiso coa ecoloxía

– Loita contra a violencia machista.

6.- Entrega do ramo

O vindeiro ano, a Romaxe terá lugar en Sobrado dos Monxes.

7.- Himno Galego

Saúde, Tera e Lingua.

Setembro, 2017