XORNADAS SOBRE FIARE BANCA ÉTICA
Na Deputación de Lugo apostamos por situar ás persoas no centro das políticas públicas, promovendo o exercicio dunha cidadanía activa e responsable e contribuíndo á eficiencia e transparencia da xestión pública.

Así o fixemos cando nos convertimos na primeira institución en España en contar cuns orzamentos participativos e na primeira institución pública en Galicia e na primeira Deputación en España en incorporar cláusulas sociais en tódolos nosos contratos de obras e servizos, blindando os dereitos dos traballadores das empresas adxudicatarias.

Este novo xeito de facer políticas tamén pode pasar pola busca de modelos alonxados da banca convencional que prioricen proxectos de impacto social positivo e que traballen priorizando ás persoas.

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollerá o vindeiro sábado 18 de outubro de 10:00 a 14:00 horas una xornada informativa organizada en colaboración con Fiare Banca Ética, unha cooperativa de crédito que, grazas aos depósitos de aforro financia proxectos vencellados á loita contra a exclusión social, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía, o comercio xusto e os valores transformadores.

Esta xornada é de libre asistencia até completar aforo. Para máis información, pode contactar no teléfono 617081373 ou no enderezo de correo electrónico grupolugo.

Agardando que esta información sexa do seu interese, reciba un cordial saúdo,

Área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables

Deputación de Lugo