category Axenda de Actividades Eventos e Cultura

HOMENAXE A DÍAZ CASTRO

Boa tarde

Infórmote de que o vindeiro martes día 14 á 18 horas, terá lugar un acto-homenaxe a Díaz Castro que se celebrará na súa aldea natal "O Vilariño dos cregos" na parroquia dos Vilares. No mesmo vaise presentar un libro do poeta Xabier Rodríguez Barro titulado "Fulguración e Silencio" que protagoniza o autor de Nimbos e foi maquetado artesanalmente no CENTRAD. Tamén se proxectará por primeira vez un pequeno documental sobre a impresión dos libros antigamente e se entregará un agasallo artesanal a Ramón Villar. Por último procederase á inauguración dunha escultura en pedra que será o inicio da "Ruta da pedra".

O acto estará conducido por Xullo Xiz Ramil.

Encantaríanos contar coa túa presenza.

Saúdos

Regina Polín