ENTREVISTA PARA INTENTAR DAR UNHA SOLUCIÓN AO ESTADO DA IGREXA DE SOUTOMERILLE (SAN SALVADOR) – CASTRO VERDE

Boa tarde, no día de hoxe, (30-09-2014), unha representación da asociación, tivemos unha entrevista con D. Miguel Gómez Vázquez, (Delegado de Patrimonio de Bens Inmobles do Bispado de Lugo), logo de ter solicitado unha entrevisa coa intención de sabermos a quen corresponde a titularidade da igrexa de Soutomerille (San Salvador).

A nosa primeira sorpresa foi que, o Sr. Delegado, parece que non sabía en que situación se encontraba a devadita parroquia, mesmo pensaba que había culto na igrexa.

Pensamos que o estado de incuria e desleixo nidiamente constatado na institución que ten a obriga de velar polo patrimonio eclesiástico ao seu cargo, con descoñecemento total da grave problemática que afecta a este núcleo histórico de Soutomerille, con bens BIC e especial protección paisaxística, sendo difícil prever unha actitude de compromiso na posta en marcha de medidas paliativas que tendan a corrixir a dramática situación actual.

Agardamos unha resposta e veremos se somos capaces de crear algunha inquietude por este lugar.

Un saúdo.