11:15 h punto de encontro no Xardín de San Roque
11:30 h Inicio do Roteiro Reivindicativo diante da estatua de Xoán Montes. O
Grupo Solo Voces cantara Negra Sombra de Rosalía de Castro.
O roteiro continuara visitando e recoñecendo os seguintes escritores:
Anxel Fole, Praza de Anxo Fernández. Actúa o Grupo Tundal.
Luís Pimentel, Manuel María, Castelao, Valle Inclán, Rosalía e Pondal na Praza Maior.
Curros Enriquez e Cunqueiro en Bispo Aguirre.
Ao final do percorrido, diante da figura de Cunqueiro e a Porta de Bispo Aguirre, lerase o Manifesto de Queremos Galego por parte de Marica Campo.
Facemos un convite a todos os escritores/as, artistas, músicos, referentes culturais, organizacións políticas e sindicais, entidades sociais e culturais e a todo o pobo de Lugo e comarca para que participen activamente neste acto e manifesten o seu apoio á Cultura e Idioma galego, interpretando algunha peza musical, lendo un breve texto dalgún autor citado ou simplemente, apoiando coa súa presenza este acto reivindicativo no Día das Letras Galegas.
Para organizarnos o mellor posíbel, coordinar e distribuír as lecturas e pezas musicais durante o percorrido, sería moi útil saber antes quen quere participar e diante de que autor/a. Podedes confirmar a vosa presenza no correo: [email protected] ou no teléfono de Suso: 620.804.245.
Para publicitar este acto temos ROLDA DE PRENSA o vindeiro martes, día 13 de maio, ás 11:30 h na Galería Sargadelos de Lugo. Quedades todos e todas convocados.
Grazas e moito ánimo. Vémonos o sábado 17 de maio ás 11:15 h en San Roque.
Mentres, recibide un cordial saúdo.
Queremos Galego en Lugo
Deixa unha resposta