Traballando na entrada da cova |
F. Albo
Monforte / A voz
2/7/2011
O xacemento do home de Neandertal descuberto hai tres anos en Cova Eirós (Triacastela) xa ten unha nova data que aumenta considerablemete a súa antigüidade. As dataciones radiométricas do nivel arqueolóxico máis antigo achado por agora neste lugar determinaron que os artefactos descubertos nesta capa de terreo foron fabricados fai uns 118.000 anos. Este novo dato cronolóxico sitúa a Cova Eirós entre os xacementos do Paleolítico Medio máis antigos do norte da Península, aínda que aínda está lonxe da marca ostentada polo da gruta guipuscoana de Letzetxiki, que se sitúa ao redor dos 300.000 anos.
A datación foi realizada co método da termoluminiscencia do cuarzo, do mesmo xeito que outra efectuada anteriormente nun nivel máis recente do mesmo xacemento, que deu unha antigüidade de entre 84.000 e 87.000 anos. Este sistema, que se basea na medición da radiación luminosa que emiten as partículas de cuarzo mesturadas coa terra, permite datar xacementos arqueolóxicos e paleontológicos moito máis antigos que o carbono 14, cuxo límite está nos 40.000 anos.

Esta datación vén confirmar que estivo habitada durante o Paleolítico Medio.
Outras referenzas:
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Un-colgante-de-la-Cova-Eiros-demuestra-la-presencia-humana-en-el-noroeste-peninsular-durante-el-pleniglaciar
http://gl.wikipedia.org/wiki/Cova_Eir%C3%B3s
Deixa unha resposta