Muiño de Pestana————– Muiño de Lamela—————- Muiño do Boliño


MUÍÑOS DE LAMELA EN RODINSO E
DE PESTANA EN SAN MIGUEL

Nunha mañá soleada, aínda que algo fresca, completamos o primeiro roteiro dos muíños do poñente (muíño de Rodinso –muíño do Ferradal en Francelos)

O muíño de Lamela

É un muíño de nora ou noira, dos poucos que podemos encontrar en Galicia, e único, que saibamos, en Castroverde. Muíño de cubo de cantería de granito, dunha moa. Planta rectangular. Estrutura vertical: muros de pizarra con recercados de cantería nos ocos.
Cuberta a dúas augas con trabes e cangos de madeira. A cubrición é de lousa, cun alpendre ou cobertizo para abrigar a molaxe ao seu carón.

Desde Rodinso a San Fitoiro e, desde aquí pola Granda ata o Boliño. Desde a Granda hai fermosas vistas sobre Castroverde, o val e croa de Bolaño e cara o noreste, terras de Pena e Montecubeiro.
Logo de visitar o muíño do Boliño e igrexa de Bolaño non seguimos a sinalización do roteiro, e voltamos á escola de Bolaño, onde Marina Seijas, nos tiña preparado un taco ( quere dicirse algo de pinchar), a quen agradecemos e dámos as grazas desde aquí.
Desde a escola pasamos por Bolaño visitando o quisoco da música, lagas de enlagar o liño e ponte de Bolaño sobre o río Chamoso.

Desde Bolaño subimos visitar a Cova da Valiña ao pé da Croa ou Castro de Bolaño, onde se encontraron restos de animais, desde coellos, lebres, osos,… de máis de 14.000 anos, elevando a idade ata uns 30.000 anos ou máis, segundo algúns autores. Lástima que pouco puidemos ver debido ás silvas, canas … que hai na cova, que por outro lado fui destruída despois da guerra civil para coa súa caliza facer o cal.

Logo da visita á Cova da Valiña, marchamos en dirección ao muíño de Pestana polo camiño de Barrio ( por aquí non está sinalado o roteiro, mais o camiño está en moito mellor estado e imos pegados ao río Chamoso), neste traxecto puidemos ver a fonte de Barrio, fonte abundatisima que parece un mesmo río aos poucos metros, segundo a lenda que nos contou Marirna Seijas “esta fonte foi un ollo que lle saltou ou escapou ao río Eo”, posto que queda, mais ou menos de frente no val de de Fonteo, ao outro lado da serra do Miradoiro. Seguindo camiño, pasamos ao pé dos muíños do Raso co seu impoñente castiñeiro e o muíño de Madarro. Preto de Fontao, uns marcharon por Fontao ata o muíño de Pestana e outros fomos por Trasorras, e ao pé da igrexa de San Miguel.

Muíño de Pestana

Muíño ao pé do río Cahamoso, muíño de cubo dunha soa moa. Planta rectangular. Cubo de cantería de granito.
Estrutura vertical con muros en sillería e cachotería de granito.
Cuberta a dúas augas, con trabes e cangos en madeira. A cuberta é de lousa, cun caseto para abrigar a molaxe ao seu carón.

PRÓXIMO ROTEIRO, SÁBADO, DÍA 13 DE NOVEMBRO

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz