MIRO CASABELLA

No día de hoxe, xoves, 25 de febreiro tivo lugar a terceira actividade no CPI de Castroverde co acto que tiña por título; No Bico un cantar…, comenzou interpretando; O meu país de Xoá Manuel Casado.

O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu pais.

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.


Explicándolles aos rapaces que el era un cantante incómodo para o poder, e comentándolles que comenzara a cantar aos 16 anos da man do médico da súa vila.
Logo pasou a interpretar poemas de Manuel María, “ A fala”, para facer un percorrido polos cancioneiros medievais, fundamentalmente de Afonxo X, As Cantigas de Santa María e cantigas profanas, pasando pola interpretación das kharxas, cancioneiro popular, – “unha vez indo para feira…”, “as tres comadres”, “romance de dona Eusenda” ; para rematar coa peza; “unha noite no muíño…”,
Dámos as grazas a Miro por terse achegado á nosa vila e facernos disfrutar a todos coa súa voz e a súa música.

Saúde – Terra e Lingua
Manolo Muñiz