NECESIDADES MÁIS URXENTES NO CAMIÑO PRIMITIVO

AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE

CASTROVERDE E LUGO



Necesidade de albergue(s) en Castroverde. (Zona de Tarrío e Soutomerille)



– Protexer o enclave de Soutomerille e recuperar a rota Xacobea por este lugar en dirección ao camiño das Barancas. Enlace do Camiño entre os concellos de Castroverde e Lugo.



Arranxar na Canteira de Báscuas a deplorable vista que ten actualmente.



Recuperar o desvío do Camiño Primitivo en fincas de Báscuas e, nas Regas.



Pasarela estrada novo hospital. Axeitar, provisionalmente, o paso na estrada da Fonsagrada, despois da gasolineira, onde se está a facer unha rotonda.



Protexer o Carme como único elemento tradicional e, rural que queda na cidade de Lugo.



Recuperación da apropiación do Camiño desde o Fornelo ata San Xoán do Alto…



Entrada en Lugo, cruce estrada de Fonsagrada e cruce de Fontiñas (mal sinalizado).



Necesidade de implicar a iniciativa privada.



Que o Xacobeo, medie, para que o novo hospital de Lugo, leve o nome de: Hospital Xeral Camiño Primitivo, xa que o Camiño pasa pola súa porta.



Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro

Castroverde, a 21 de xullo de 2009