Obras en Castroverde afectan ao patrimonio natural do concello
A Voz de Galicia
Data de publicación 4/9/2007
A Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde reclama, por parte da Administración autonómica, extremo coidado en relación ás obras que se están realizando en diversos lugares do concello.
Os membros da asociación piden particular control para os traballos que afectan ao río Chamoso, a seu paso pola parroquia de Bolaño, debido ao perigo de inundacións para as casas do outro lado do río, en épocas de crecida.
Tamén solicitan o coidado extremo nos traballos de canalización que afectan a un tramo do Camiñoo Primitivo, no regacho do Tarrío, e nos diferentes regos que conforman as fontes do río Tórdea.
Deixa unha resposta