RESUME
DA VIAXE: REDES-ARES
-MUGARDOS
Visita á fermosa praza e porto do lugar de Redes da parroquia de Caamouco, no Concello de Ares. Logo subimos ao edificio que posúe á Agrupación/Asociación Caamouco, onde Ernesto López Navieras, presidente desta Agrupación, e a quen lle dámos as grazas desde aquí; nos explicou como xurdiu esta Agrupación. En primeiro lugar cun pequeno documental, explicounos o nome do lugar de Redes, probablemente, proceda do xeito como os pescadores poñían a secar as redes nas cabrias (paos chantados, espetados na beiramar, xunto con outro traveseiro onde os mariñeiros poñían a secar as redes, daí o seu nome). A seguir noutro documental, que abrengue desde (1912-1958), onde Ernesto López Navieras, a base de recollida de fotografías, xornais etc. amosounos a importancia da emigración a Cuba, e como os emigrados, montaron, crearon esta “Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco” , creada a principios do século XX, que en palabras del tivo máis importancia que a “Institución Libre de Enseñanza”. Unha simple observación, mentres que a comenzos de século se crearon no resto de España, polo propio Estado, arredor dunhas 250 escolas, agrupacións; só en Galicia, creáronse, por parte dos emigrados, máis de 300 agrupacións, que en realidade era para a formación dos mozos e mozas galegos, que botaban de menos a súa formación. Poderíamos comentar moitas máis cousas, mais imos deixalo aquí. Logo da explicación, baixamos novamente, rematar de ver este lugar de Redes. Máis tarde seguimos camiño de Ares, para visitar; en primeiro lugar a enseada do Baño, para logo achegarnos ao Castelo da Palma, xa na boca da Ría de Ferrol, podendo ver ao outro lado, o Castelo de San Felipe. Despois subimos ao Mosteiro medieval de Santa Catalina, da orde de San Francisco, onde podemos ver a importancia na imaxinería do retábulo da súa igrexa. Xa case co solpor subimos ao cumio de Pena Bailadora, no Montefaro, desde onde se ve toda a Ría de Ferrol-Mugardos. Finalmente, visitamos brevemente a vila de Mugardos.
Saúdos. Manolo Muñiz
NOTA: PRÓXIMO ROTEIRO, SE NON HAI CAMBIOS, 27 DE OUTUBRO
Deixa unha resposta