Breve resume do ROTEIRO e limpeza de sartegos, sábado, día 10 de novembro de 2007

Este pasado sábado, como tiñamos previsto, partimos de Castroverde para facer o percorrido; Castroverde – Sa Miguel do Camiño – Penalonga – Recesende – Camiño Ancho – Goi. Mentres algúns fixeron este percorrido, outros estiveron a limpar os sartegos de Recesende e Goi. Desde os arredores da igrexa de Recesende hai unha fermosa vista do Camiño Primitivo. Os arredores dos sartegos de Goi merece tamén unha visita.

Logo de facer a limpeza, procedemos á colocación dúns letreiros indicativos da existencia destes monumentos funerarios.

Sobrándonos un pouco de tempo, a seguir, fomos ensinarlles aos que non coñecían, a igrexa de Agustín, unha das máis significativas do Concello de Castroverde despois da de Vilabade, como xa temos manifestado noutras ocasións. O día e o lugar facían do entorno algo esepecial, e segundo algún dos entendidos que nos acompañaron, J. César Llana, é unha igrexa que sorprende pola conxugación de elementos cultos e populares. (Poderedes, ver detalles dentro duns días en: https://amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/)

Non figura no mapa Agustín, esta parroquia está seguindo a estrada de Pereiramá, Cellán de Mosteiro, A Pumarega, Miranda e aseguinte aldea Agustín.

Pola tarde, ás 18:00 h., tivo lugar a reunión de Asemblea, onde ao non haber outra candidatura, tivo que asumir a actual Xunta Directiva a responsabilidade de continúar, dicir que tan só se renovaron dous vogais, entrando a formar parte da mesma Jesús Ferreiro Balado, e Pablo Castedo Lence.

Un saúdo.
Manolo Muñiz
Presidente

Galería de imaxes do roteiro