Conferencia de Xosé Mª Gómez Vilabella no 50 aniversario da guerra de IFNI


No día de hoxe, venres 8 de febreiro de 2008 tivo lugar o acto nº 2 da IIIª Actividade que realiza a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde no CPI de Castroverde. O acto consistiu fundamentalmente, nunha exposición das relacións de España co mundo musulmán, e mais en concreto con Marrocos e Ifni, na conmemoración dos 50 anos da guerra de Ifni que segou a vida de moitos españois, e que puido acabar tamén coas vidas do Sr. Gómez Vilabella e familia, que foron víctimas, ademais, dun ataque ao seu coche cun camión do Istiqlal, mais felizmente puidemos ter unha vivencia moi directa do que o correo naqueles anos entre España e Ifni grazas a salvarse dos ataques terroristas daqueles anos, unha guerra secreta pois á prensa franquista non lle foi permitido dar noticias da mesma, dos seus 200 mortos, 80 desaparecidos e uns 500 feridos.

É unha vergoña que pobos tan próximos e con varias relacións históricas por diferentes motivos, estean/esteamos tan de costas uns a outros. Para que isto cambie un pouco o Sr. Gómez Vilabella fixo unnha síntese histórica, cinguíndose finalmente a aqueles anos 1957/1958, e á conmemoración deste cincuentenario con varios actos, que estiveron centrados nas Palmas de G. Canaria.

Pensamos que a conferencia foi de grande interese, mesmo para as nenas, nenos, rapazas e rapaces que tiveron a sorte de poder escoitar a este veciño que viviu directa e persoalmente uns feitos tan significativos: ¡A última das guerras
de España…,
esperemos!