Actuación do MAGO ANTÓN no CPI de Castroverde

O día 1 de febreiro de 2008 tivo lugar no CPI de Castroverde a actuación de Antón López Rivas
( O Mago Antón). Foi o encargado de abrir o primeiro acto da terceiro ciclo de actividades que a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde celebra no CPI

Unha primeira actuación foi para os alumnos de primaria, e un segundo acto para o alumnado de secundaria.

Antón realizou varios e diversos xogos de maxia: de adiviñas de números, xogos de cartas, a serpe Herminia, o xogo do fruteiro, a transformación de billetes, a guillotina etc., tan só por salientar algún dos números que ofreceu.

Pensamos que foi un acto onde as rapazas, rapaces e asistentes disfrutaron grandemente.

Castroverde, 1 de febreiro de 2008