Breve resume das actividades celebradas os días 19 e 26 de abril:
O pasado día 19 de abril, celebrouse no Concello de Castroverde, convocada por AGADER, unha reunión para o asociacionismo de Castroverde, e nela participaron representantes da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Falouse entre outras cousas de:
– O Plan Leader 2007-2013 para Galiza e liñas de axuda.
– Constitución dos GDR
-Preguntas dos asistentes.
– Convocaríase outra reunión para a elección dos representates das asociacións para a constitución do GDR e poñerse en contacto con asociacións e concellos do mesmo territorio
Os días 19 e 26 de abril, desenvolvéronse no Centro Comarcal de Terra de Lemos, convocados tamén por AGADER, dous seminarios dirixidos ás xuntas directivas de asociacións que trataron sobre a responsabilidade da elaboración de proxectos e da xestión de subvencións. Nestes seminarios tamén participaron representantes da xunta directiva da Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde
Tratando estes seminarios, sobre a xestión dun proxecto, tratando os seguintes aspectos:
Ánalise da realidade.
Definición do Plan de Acción
Actividades e tarefas
Avaliación e Memoria.
Centrándose fundamentalmente; na análise da realidade, nas actividades, nos recursos humanos, recursos económicos e orzamentos.
Un saúdo. Manolo Muñiz NOTA. Acompañamos fotos dos actos.
Deixa unha resposta