Efraím Díaz Vázquez, de Castroverde, cun proxecto de composición, interpretación, gravación e publicación de catro obras de creación propia

Alexandro González Castro, da Pobra de Brollón, cun proxecto de homenaxe a Lois Pereiro, e Efraím Díaz Vázquez, de Castroverde, da banda de gaitas local Zuncurrundullo, cun proxecto de composición, interpretación, gravación e publicación de catro obras de creación propia, obtiveron esta bolsa. Tamén é lucense Elvira Mónica Rodríguez Velasco, que xunto á coruñesa Sara Gómez Igrexas escribirá un guión de cine de animación titulado A fabulosa Malva. A cuarta bolsa do apartado de literatura foi para Aixa da Cruz, de Bilbao.