CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.
ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE
Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro
día 12 de xaneiro, sábado, de 2019 ás 16:30 h. e ás 17:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente, na Casa do Concello Vello de Castro Verde, Travesía de Montecubeiro, nº 38 CP-27120-Castroverde.
Coa seguinte orde do día:
I.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (13-01-2018)
II.- Aprobación de contas ano 2018.
III.- Aprobación do orzamento para o ano 2019.
IV.- Actividades desenvolvidas en 2018 e a desenvolver en 2019.
V.- Renovación total da Xunta Directiva, (2019-2022) segundo rezan os Estatutos da Asociación, Capítulo III, DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN (Art.13).
Poderanse presentar as Candidaturas á Xunta Directiva ata ás 14:00 h do venres 11 de xaneiro de 2019 por escrito á presidencia ou no e-mail: amigospatimoniodecastroverde
VI.- Rolda de intervencións.
Asdo.: Antonio V Figueroa Paz Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
(Secretario) (Presidente)
Lugo, Castro Verde, a 19 de decembro de 2018
Deixa unha resposta