REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Departamento de Difusión
Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 difusion /www.museolugo.org
NOTA INFORMATIVA
A Rede Museística da Deputación de Lugo, a través de Encarna Lago, xerente da devandita Rede, acude a JustMAD9, en Madrid (Núñez de Balboa, 32), co programa EU… TI…ELA… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE co obxecto de dar visibilidade ao potencial da creatividade feminina. Dende o o 20 ao 25 de febreiro de 2018, a Rede Museística organizou un ambicioso programa de actividades que se detalla a continuación:
PROGRAMA DE ACTIVIDADES JustMAD9
Rede Museística Provincial – Deputación de Lugo
Martes, 20 de febreiro
11:00h. Inauguración para profesionais
15:00h. Apertura público en xeral
Mércores, 21 de febreiro
18:00h.Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:
–Pegadas dun compromiso, 2018, de María Xosé Domínguez
–Frío: somos inuits?, de Rubén Pérez Pombo
18:30h.
Performance: Frío: somos inuits?, por Rubén Pérez Pombo
Xoves, 22 de febreiro
17:00h. Presentación do proxecto ‘Nos+otras en Red’. Reunión cos colectivos participantes e representantes do Museo Nacional Tyssen-Bornemisza.
18:00h. Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:
–trans (cender) (mitir) (formar), de Mery Pais
–Fraxilidade Suspendida, de Tamara Wassaf
–As santas migrantas, de Luz Darriba
Venres, 23 de febreiro
18:00h. Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:
–The Living Water. Washerwomen in the river, de Ana DMatos
–Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo, de Mónica Alonso
–conexións [en serie], de Carmen Porteiro
Sábado, 24 de febreiro
11:00h.Presentación Mujeres Mirando Mujeres. Arte a un click
12:00h. Día de Rosalía de Castro
A Rede Museística da Deputación de Lugo, en colaboración coa AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), celebran o aniversario do nacemento da ilustre escritora cunha lectura pública da súa obra, obsequiando a quen visite o stand da Rede Museística nesta xornada con láminas conmemorativas.
18:00h. Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:
–Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano, de Basilisa Fiestras.
–Arte en reserva (mulleres no almacén). Obra de mulleres artistas no almacén do MPLugo.
Domingo, 25 de febreiro
12:00h.-Proxección da peza de videoarte Sete pétalos de rosa, de David Catá, que forma parte do seu proxecto fotográfico ‘Horizontes’.
18:00h.- Presentación dos proxectos de EU… TI…ELA… NOSOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE:
–Isabel Leningrado, 1940, de Carmen Chacón
19:00h.-Clausura
Lugo, 19 de febreiro de 2018
Deixa unha resposta