AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE
CASTROVERDE E LUGO
– Necesidade de albergue(s) en Castroverde. (Zona de Tarrío e Soutomerille)
– Protexer o enclave de Soutomerille e recuperar a rota Xacobea por este lugar en dirección ao camiño das Barancas. Enlace do Camiño entre os concellos de Castroverde e Lugo.
– Arranxar na Canteira de Báscuas a deplorable vista que ten actualmente.
– Recuperar o desvío do Camiño Primitivo en fincas de Báscuas e, nas Regas.
– Pasarela estrada novo hospital. Axeitar, provisionalmente, o paso na estrada da Fonsagrada, despois da gasolineira, onde se está a facer unha rotonda.
– Protexer o Carme como único elemento tradicional e, rural que queda na cidade de Lugo.
– Recuperación da apropiación do Camiño desde o Fornelo ata San Xoán do Alto…
– Entrada en Lugo, cruce estrada de Fonsagrada e cruce de Fontiñas (mal sinalizado).
– Necesidade de implicar a iniciativa privada.
– Que o Xacobeo, medie, para que o novo hospital de Lugo, leve o nome de: Hospital Xeral Camiño Primitivo, xa que o Camiño pasa pola súa porta.
Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
Castroverde, a 21 de xullo de 2009
Deixa unha resposta