BREVE RESUMO

ACTO REIVINDICATIVO DE SOUTOMERILLE

No luminoso, caloroso e fermoso día de onte, sábado, día 9 de xullo deste ano que corre, realizamos un acto reivindicativo, unha vez máis, do estado de abandono que sofre o lugar de Soutomerille, logo de ser proclamado o Camiño Primitivo Patrimonio da Humanidade e, a Xunta invertir centos de miles de euros e non adicar un só euro á recuperación da capela prerrománica e a súa contorna; lamentable.

Para denunciar todo isto, organizamos un concerto onde participaron:

O mofortino e “soutomerillense” ,(así se considera) Antón Valcarce que, interpretou tres pezas; “ A ti Manuel” como homenaxe a Manuel María a quen Antón tratou e coñeceu en Monforte e con motivo do seu ano das Letras Galegas,“ Ribira Sacra” unha homenaxe ao viño, e unha peza que compuxo, sendo moi novo, na e para a emigración galega.

O grupo Tundal que, xa é a segunda vez que actua para a asociación, interpretou varias e diversas pezas, desde marchas procesionais, música popular, alboradas, valses, etc, dunha fermosura e sonoridade especial, ao que lle axudaba tamén o lugar.

Agradecer, sinceramente, tanto a Antón Valcarce coma ao Gurpo Tundal que nos acompañaran nestes actos reivindicativos.

A continuación tivo lugar unha pequena cea e seguidamente un roteiro nocturno pola contorna de Soutomerille con visita ao cemiterio, subida á croa e asentos dos mouros, casa Torre de Arriba.

Grazas a todos por participar e agardamos que non sexa o último roteiro que se faga de noite e que a Administración atenda as nosas peticións de rehabilitar Soutomerille.

Saúde, Terra e Lingua