REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVA

Dentro do programa de Actividades de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá sábado, día 9, van ter lugar, nos museos e horarios que se indican, os seguintes obradoiros:

Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo)

OBRADOIRO: Literatura e cinema

A relación entre literatura e cinema. Que imaxe nos facemos na nosa mente dunha personaxe literaria? Como foi representada posteriormente no cinema?

Idades: de 6 a 12 anos

Horario: de 11:00 a 13:00 horas

Datas: 9 de xullo.

Participantes: 15

Museo Provincial de Lugo

OBRADOIRO: Xogando co papel

Con este obradoiro, preténdese acercar os máis pequenos o mundo do volume, espazo e a cor, compartindo cos demais ao tempo que xogan e coñecen o noso museo.

Idades: de 4 a 14 anos

Horario: de 11:00 a 13:30 horas

Datas: 5 e 7 de xullo.

Participantes: 15

Lembramos que aínda quedan algunhas prazas nalgunhas das actividades ofrecidas pola Rede Museística da Deputación de Lugo. Todas aquelas persoas interesadas en participar nas mesmas, poden formalizar a inscrición, gratuita, nos correspondentes museos.

Lugo, 8 de xullo de 2016