Hoxe celebrou un deses actos cun magosto popular, que se celebrou a partir das 12:00 h., no que participaron socios e veciños, acompañados polos grupos musicais; Caivanca e Arrincadeira. Logo tivo lugar un xantar de homenaxe aos socios, xantar ao que foi convidado a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castrovede, tamén participaron no xantar, o Sr. Alcalde e a Sra. Concelleira de Cultura.
A festa rematou con música tradicional, coa actuación do grupo A Quenlla, mais ao comenzo actuaron os tres grupos, Caivanca, Arrincadeira e a Quenlla, logo seguiu a Quenlla con interpretación de pezas tradiconais, onde puidemos ver a defensa que este grupo continúa a facer da música, da lingua e do noso patrimonio en xeral. Saúde e longa vida a todos eles e, especialmente á Asoc. Espalladoira, representada por D. Manuel Varela Gorgoso, sr. cura de varias parroquias de Castroverde, a quen dámos desde aquí as grazas por todo o seu traballo.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz
Máis fotos, no lateral “Castroverde en imaxes”
Deixa unha resposta